martes, 27 de xuño de 2023

CONCERTO DE FISIÓN ATLÁNTICA ENSEMBLE, sábado 8 xullo, 21:30, igrexa de san Bieito de Fefiñáns, Cambados.

 PROGRAMA DO CONCERTO DE FISIÓN ATLÁNTICA ENSEMBLE

 O grupo Fisión Atlántica Ensemble está formado por:

Frauta: Luis Soto
Violín: Nikolay Velikov
Viola: Ioana Ciobotaru
Violonchelo: Álvaro Quintanilla

(máis info sobre os músicos ao final do post)

 

PROGRAMA: Joseph Haydn (1732 - 1809)


Cuartetos para frauta e trío de cordas coas Danzas de Reis de Guláns

 * Tódolos arranxos das Danzas de Reis foron feitos por Nikolay Velikov.
* As trancripcións a partitura das Danzas son obra de Miro

 

 1- J. Haydn - Hob II:D9 - Cuarteto para frauta. Op. 5 Nº1 en Re Maior
- Danza do Pau

1. Presto assai
2. Adagio
3. Menuetto/Trío
4. Presto
- Danza de Arquillos - Versión III


2- J. Haydn - Hob II:D10 - Cuarteto para frauta Op. 5 Nº 3 en Re Maior

 - Danza das Castañolas
1. Presto
2. Adagio
- Danza de arquillos diante do Santo - Versión II
3. Menuetto
4. Trío
5. Presto
- Danza dos paus


3- J. Haydn - Hob II: Nº 1 - Cuarteto para frauta Op. 5 Nº 4 en Sol Maior

1. Vivace
2. Andante moderato
- Danza de arquillos - Versión I
3. Menuetto/Trío
4. Fantasía moderato, Tema con variazioni
 

4- J. Haydn - Hob II:11 - Cuarteto para frauta Op.5 Nº 6 en Do Maior

 1. Presto
2. Andante moderato
3. Menuetto/Trío
4. Tema: Moderato con variazioni
- Canto de Reis
- Tema da capo
 

Haberá un  libro:

 
Este recital será un CD gravado por Segundo Grandío (enxeñeiro de son) da productora Casa de
Tolos e será publicado por Edicións Xerais de Galicia nun libro-disco sobre a figura de Joseph
Haydn, cuxo autor será o escritor compostelán Suso de Toro.


Que son as danzas de Reis:

 
Un rancho de reis é un grupo de músicos que interpretan danzas gremiais ou danzas brancas,
formado por cantores, danzantes e músicos, para percorrer a veciñanza pedindo o aguinaldo.
No bispado de Tui atópase un documento no que se fai referencia a unha visita do Rancho de Reis
de Guláns a finais do século XVIII.
No tempo da epifanía, Guláns celebra a súa festa do patrón, acompañando ao santo co Rancho de
Reis. “O Canto de Reis” interprétase no momento da saída do Santo para levalo en procesión até o
nacemento vivente que cada ano se festexa na parroquia.
A vestimenta tanto feminina como masculina é basicamente de cor branca con sombreiros e gorros
moi adornados, tanto de flores como de cristais a xeito de espellos.
As danzas máis frecuentes son: danza do pau, danza de arquillos, danza dos paos ou a danza das
castañolas.


*Extraído do traballo de recuperación da memoria, escrito por Marisol Gonzalez e Nieves Barrera.


Os cuartetos:

 
A maior parte da vida como compositor de Haydn transcorre na corte dos Esterházy, unha
adiñeirada familia da nobreza húngara, que o empregou a tempo completo como director musical da
corte entre 1761 e 1790, e despois a tempo parcial durante o resto da súa vida.
Durante as súas tres primeiras décadas cos Esterházy, Haydn pasou gran parte do seu tempo na vila,
en Eisenstadt, preto de Viena, ou, máis tarde, en Esterháza, o palacio da familia en Hungría.
A posición xunto ao príncipe Nicolás Esterházy outorgáballe un gran prestixio. Pero requiría un
importante traballo nas súas facetas de compositor de música de cámara, director da orquestra da
corte e arquiveiro. Asumía ademais tarefas administrativo-musicais e debía arbitrar litixios.
Tiña ao seu cargo unha orquestra de máis de 20 músicos, considerada como unha das mellores de
Europa.
Aínda que a autoría de Haydn quíxose poñer en dúbida (algunhas obras doutros compositores foron
publicadas baixo o seu nome) diversos musicólogos inclínanse a consideralos orixinais por
similitudes con anteriores obras instrumentais, en especial cuartetos de corda. Ademais, o especial
talento de Haydn por certas sorpresas cheas de enxeño parece non deixar lugar a dúbidas.
Os seis cuartetos para frauta que compoñen o op. 5 de Haydn publicáronse por primeira vez en
Ámsterdam en 1767.
Nos últimos anos atraeron a atención dos estudosos porque non se coñecen copias dos cuartetos
entre os manuscritos musicais de Haydn; só existen en ferros impresos polo editor de Haydn,
Hummel.
Como era de esperar, demostrouse de forma concluínte que varios deles son "inauténticos", é dicir,
composicións que se fixeron pasar baixo o nome de Haydn para aumentar as vendas. Mentres que
os números 3 a 6 foron descartados como falsificacións, os dous primeiros cuartetos son arranxos
auténticos da música de Haydn. Compostos en 1765. Publicados en Ámsterdam en 1768.


*Extraído do libro “Historias de la flauta“ de Antonio Arias.

 

OS MÚSICOS:



Luis Soto: Frauta Travesa.


Nace en Guláns Ponteareas, e comeza a tocar unha frauta feita polo seu pai cun tubo de plástico
con tan só 8 anos. Na súa formación interveu mestres datalla de Antonio Arias en Madrid,
Pierre Dumail e Hubert de Villele en París e J.C.Gerard e Aurele, Nicolet en Alemaña. Gañou o
primeiro premio do concurso Pierre Nerini e o segundo premio no Lucien Wumser, en París.
Ofreceu centos de concertos en todo o mundo así como gravacións para radio, televisión e cds e
impartíu cursos de formación e perfeccionamento a mozos de todas as idades. Xunto co
guitarrista Carles Trepat grava a integral de Joaquín Rodrigo para o selo EMI Clasic e, xunto a Diego García (piano) impulsa o proxecto Galicia XXI no que interpretan o repertorio galego para ambos instrumentos. Ademais, é membro fundador do TAC: Taller Atlántico Contemporáneo, ensemble de
referencia da música contemporánea en Galicia.
Luis Soto é profesor na Real Filharmonía de Galicia dende a súa fundación.

 

Nikolai Velikov: Violín


Dende moi novo foi educado musicalmente nun ambiente familiar para ingresar na escola de música da súa cidade natal, Sliven, aos seis anos. Foi galardoado tres veces no Concurso Nacional Búlgaro de Intérpretes Novos. Máis tarde ingresou no Instituto Nacional de Música Lyubomir Pipkov de Sofía, comple- tando os seus estudos no Conservatorio Superior “Pancho Vladiguerov”, cos recoñecidos educadores de violín V. Choparinov, B. Danai- lov e A. Ilchev.
Obtivo o título superior en violín e música de cámara, seguindo os estudios na Academia Santa Chiara de Trento, co profesor Stefano Pagliani. Comezou a súa carreira profesional na Orquestra de Cámara de Sofía como concertista, realizando numerosos concertos no seu país e xiras por Alemaña, Holanda, Francia.
Complementa esta actividade coa interpretación de gran parte do repertorio solista e de cámara para o seu instrumento. Como músico aberto a outros estilos como o jazz e a música tradicional, adoita formar parte de varios grupos como; R. Somoza Quintet, o grupo “Radio Cos”, Orquesta Voland … actuando con todos eles concertos e gra vacións de CD e DVD que foron moi satisfactoriamente recoñecidas pola crítica especializada. N. Velikov desenvolve unha intensa actividade pedagóxica como Profesor de violín na Escola de Estudos Musicais de Galicia dende 1998.

Ioana Ciobotaru: Viola


Nace en Râmnicu Vâlcea, Rumanía. Gradúase en viola na Universidade de Música de Bucarest e é becaria na Scuola dei Alto Perfezionamiento Musicale de Saluzzo en Italia, onde completa a súa formación co profesor Alfonso Ghedin da Academia Nazionale di Santa Cecilia en Roma. Foi membro da Fiori Rari Orchesta de Suiza e da Filharmónica George Enescu de Bucarest.Traballou en Xapón con formacións camerísticas e en Brasil coa Orquestra Estatal de Sao Paulo.
Dende 2001 é viola da Real Filharmonía de Galicia e membro activo do Taller Atlántico
Contemporáneo.

 Álvaro Quintanilla Marful: Violoncello


Nace en Madrid. Comeza os seus estudios de violoncello co seu pai Álvaro Quintanilla Kyburz, (solista da Orquestra Nacional de España) e posteriormente no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid cos profesores Pedro Corostola e Rafael Ramos. Paralelamente realiza os seus estudios de música de cámara co profesor Luis Rego. Asiches a cursos de perfeccionamento con Reine Flachot, Daniel Grosgurin e Alexandra Frantseva, entre outros.
Durante os seus anos de estudio é nomeado solista da Nova Orquestra da Comunidade de Madrid, actuando entre outras salas na Philarmonie de Berlín. Colabora coa Orquestra Cidade de Málaga, Orquestra de Cámara «Vila de Madrid» e Orquestra Nacional de España ao longo de dez tempadas, traballando con algúns dos máis importantes directores e solistas do momento.


Comprometido coa música actual, forma parte do grupo Cosmos 21 dirixido por Carlos Galán, co cal estreou máis de medio centenar de obras en España, Italia e Latinoamérica. Así mesmo realizou gravacións para R.N.E e actua en diferentes festivais e ciclos na Fundación Juan March, Círculo de Belas Artes, Fundación Marcelino Botín, Museo Reina Sofía, Centre de Cultura Contemporània de Valencia e Auditorio Nacional de Música. No ano 2006 interpreta un dos papeis solistas da obra de Carlos Galán «Concerto Grosso para o cosmos Op. 62» na súa estrea absoluta no Auditorio Nacional de Madrid e acompañado pola ORCAM.Na súa faceta pedagóxica foi invitado a impartir clases de
violoncello no Conservatorio Nacional de Música de Paraguai, Nicaragua e El Salvador.
Na actualidade e dende o ano 2004 imparte clases de violoncello no Conservatorio Superior
de Música de Vigo.



Ningún comentario:

Publicar un comentario