LIBRO SOBRE O PAZO

 


 En agosto de 2021 saiu do prelo o libro: "Pazo de Fefiñáns. Historia e Arte" da historiadora Maribel Iglesias Baldonedo.

É o primeiro estudo en profundidade que se fai sobre este pazo, auténtica alfaia da arquitectura galega.

Ten 357 páxinas e máis de 400 imaxes a cor. Foron 3 anos de investigación nos arquivos castelás (AHN en Madrid, DA NOBREZA en Toledo ou no AGS de Simancas) e galegos.

A edición é en GALEGO e ESPAÑOL

É a primeira publicación da Asociación cultural Amig@s de Fefiñáns e esperamos que non sexa a última.

MARIBEL IGLESIAS BALDONEDO é licenciada en xeografía e historia, doutora en historia da arte e catedrática de ensino secundario no IES Francisco Asorey de Cambados. Leva anos dedicándose a estudar a historia local de Cambados. Entre as súas publicacións está: "Cambados, cen anos de historia a través da Fotografía", "Ramón Cabanillas Enríquez, biografía en imaxes" ou "Francisco Asorey, escultor galego".

O libro ten un prezo "simbólico" de 30 euros, que non cubre os custes do traballo de investigación e edición realizado. Anímate a mercalo! coñeceras un anaco da nosa historia e arte e ademáis colaborarás coa asociación, animándonos a continuar coa edición de novos libros.

Pódese solicitar o seu envío ao enderezo da asociación:  asociacionamigosdefefinans@gmail.com


Ningún comentario:

Publicar un comentario